viernes, 17 de noviembre de 2023

Quinto e último día en Braga

 📣 Hoxe foi o último día de estancia do equipo #erasmusplus 🇪🇺 de ciclos do #iesafonsoxcambre en Braga, Portugal.

📣 Pola mañá, acudiron á 🏫 @escola_europeia para que o alumnado do #iesafonsoxosabio fixera unha 🗣️ exposición sobre o #iesafonsoxcambre e a súa formación.

📣Ao rematar, volveron ao hotel para facer o checkout e xantar. Despois dirixíronse á estación para coller o bus de volta.










jueves, 16 de noviembre de 2023

Cuarto día en Braga

 📣 Hoxe á primeira hora 🕘 da mañá, o equipo #erasmusplus 🇪🇺 de ciclos do #iesafonsoxcambre visitou a 🏢 empresa @bragamob (empresa adicada á xestión de estadías de 🇪🇺 Erasmus).

📣 A continuación, foron á 🏫 @escola_europeia onde o alumnado do #iesafonsoxosabio fixo unha 🗣️ exposición sobre a súa formación a un grupo 👨‍💻👩‍💻 de segundo curso de 🧑‍🔧👩‍🔧 electrónica. Terminaron a mañá asistindo a unha clase práctica de 🦷👩‍⚕️ prótese dental. 📣Despois de 🍽️🥘 xantar, volveron á @escola_europeia para preparar 🎒 unha presentación 📃 para mañá.










miércoles, 15 de noviembre de 2023

Terceiro día en Braga

 📣 Hoxe o equipo #erasmusplus 🇪🇺de ciclos do #iesafonsoxcambre visitou a 🌉 cidade de 🇵🇹 Porto.

📣 Á primeira hora da mañá, viaxaron en 🚂 tren e descubriron a 🚉 estación de São Bento. A continuación, de🚶‍♂️🚶‍♀️camiño á 📚 libreria Lello, fixeron unha parada na Torre dos Clérigos.

📣 A continuación, visitaron ⛪ a Sé (catedral) do Porto e, ao terminar a visita, camiñaron cara a 🎣🍇 Ribeira chegando á ponte 🌉 de Luiz I.
📣 Despois de xantar 🍽️ 🐟 na taberna típica “Casa Lopes”, visitaron o Palacio da 💰💹 Bolsa e, por último, visitaron o mercado 🛍️do Bolhão.













martes, 14 de noviembre de 2023

Segundo día en Braga

 📣 Hoxe o equipo 🇪🇺 #erasmusplus de ciclos do #iesafonsoxcambre visitou Braga guiados polo alumnado de electrónica e protésico da @escola_europeia

📣 A primeira hora da mañá visitaron Museu dos Biscainhos. A media mañá iniciaron un percorrido por o centro histórico de Braga onde o alumnado da @escola_europeia fixeron de guías.  Primeiro visitaron a Torre de Menagem, despois, a casa dos Crivos, seguiron coa Igreja de Santa Cruz e a Casa dos Coimbras para rematar o percorrido no Arco da Porta Nova.

📣 Despois de repoñer forzas co xantar 🍽️🍲 foron de peregrinaxe ao Santuário do Bom Jesus de Braga.








lunes, 13 de noviembre de 2023

Primeiro día en Braga

📣 Hoxe pola 🕣 maña, o equipo 🇪🇺 #erasmusplus de ciclos do #iesafonsoxcambre viaxou a Braga 🇵🇹 (Portugal) en 🚌 autobús.

📣 A media maña, chegaron a Braga e se instaláronse no 🏨 hotel no que pasarán a semana. Despois diso, visitaron a Escola Europeia de Ensino Profissional onde foron recibidos pola 👩‍🏫directora e a 👩‍🏫 coordinadora 🇪🇺 Erasmus que lles ensinaron as instalacións do centro. Tamén lles informaron das ensinanzas impartidas e do modelo educativo 🇵🇹 portugués así coma dos múltiples proxectos nos que participan. 📣 Despois de xantar 🍽️🍲 nun restaurante próximo a escola, voltaron ao centro para asistir a unha clase 🎒 de preparación dun programa de radio🎙️coa emisora Atena Minho. 📣 Para rematar a xornada na escola, asistiron a unha 🗣️ presentación do alumnado portugués sobre o 🕊️ “Dia do Armistício”.












sábado, 11 de noviembre de 2023

Próxima mobilidade de alumnado a Braga

 📢 Durante a próxima 🗓️ semana, do 13 ao 17 de novembro, un grupo de cinco alumnos 👨‍💻 e alumnas 👩‍💻 do segundo curso do Ciclo Medio de Xestión Administrativa e dúas profesoras 👩‍🏫👩‍🏫 do #iesafonsoxcambre viaxarán a Braga (Portugal) 🇵🇹 para participar nunha mobilidade de alumnado do proxecto #erasmusplus 🇪🇺 para ciclos formativos no que participa o centro. 


📢 Alí visitarán a Escola Europeia de Ensino Profissional @escola_europeia e a empresa Braga Mob @bragamob nas que poderán observar prácticas diferenciadas e desenvolver habilidades propias do ámbito da Xestión Administrativa.



jueves, 1 de junio de 2023

Nova actividade de formación do alumnado

Fai uns días, Silver, alumno do ciclo medio de Xestión Administrativa do #iesafonsoxcambre que está realizando a FCT na empresa MACOS en 🇵🇹 O Porto, recibiu a visita do seu titor 👨‍🏫 que, viaxou ata Portugal para coñecer de primeira man como vai a súa formación práctica.
Esta estancia formativa, que comezou o pasado mes 🗓️ de abril e remata o 19 de xuño, enmárcase dentro do proxecto 🇪🇺 #erasmusplus para ciclos que está a levar a cabo o #iesafonsoxosabio